Adeus a Marcos Valcárcel

Redacción.-

O historiador, escritor e profesor Marcos Valcárcel faleceu esta mañá en Ourense. Nacido na cidade das burgas en 1958, recibiu numerosos premios polo seu labor investigador e literario, entre eles a Medalla Castelao en 2009. Marcos Valcárcel era doutor en Historia especialista en historia compemporánea de Galicia e pertenceu a diversas asociacións culturais da cidade, entre elas o Club Cultural Alexandre Bóveda, do cal foi fundador e presidente. Profesor de historia en varios centros de bacharelato, nos seus libros de historia investigou o pasado do xornalismo en Ourense e publicou varias biografías de escritores da cidade, como Ramón Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Xaquín Lorenzo.

05/12/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión