Encontro Deportivo Cultural con Corea do Sur

Redacción.-

Entre os dias 4 e 7 do mes de Xaneiro os alumnos da Escola de Tae Kwon-Do  Moo Duk Kwan terán un encontro cultural-deportivo con alumnos da Escola DAE YOUNG de Busan (Korea do Sur) os cales virán na compaña do seu mestre Ko Sen Ji. O encontro, que incluirá unhas xornadas de convivencia nas casas dos alumnos vilalbeses, está promovido polo mestre Antonio Montes e ten como principal obxectivo  famosar diversos eidos da nosa cultura aos rapaces coreanos, amais de participaren en adestramentos, visitas turisticas, xogos (xuvenlugo), e na celebración dunha cea coreana/galega.

31/12/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión