Feliz Aninovo!

Fuco Paz Souto.-

Remata o ano,
xa é decembro,
é Nadal.
Dende xaneiro
foi inverno, ata ben entrado
o trebón e o raiolo…
que, en abril e maio, vestiu de cores:
brancas, vermellas, azuis, amarelas,
rosas…lembrando
a chegada do verán,
que pasou deixando sorrisos, risas,
alegría, festas,
corpos esveltos que se fundían
en eternas promesas
de amores imposibles
de máis de mil días
que ninguén
se ocupou de coidar…
Ata que o outono
con lágrimas de cores:
moradas, pardas, ocres,
que tinguen as árbores máis mestas,
máis fortes, máis garridas, que deixan
vidiñas de formas caprichosas e curtas,
no chan.
E dacabalo, o inverno
de manto branco, de vento frío,
de cálido lume que acariñando
as meixelas semella cantar:
Un brinde polos teus amigos,
Un brinde pola a amizade
que non vai rematar,
deixa que pase o inverno
a primavera ha chegar…
anunciando o verán
que no outono,
non ha parar.
E así un ano tras outro
que nos engaiola
e nos despide
coa copa
na man.

30/12/2010

2 comentários :

Danos a túa opinión