Novo disco de Celtic Roots

Redacción

O pasado día 11 de nadal saiu á venda o novo traballo de Celtic Roots. Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común. Galicia e Irlanda. O libro CD-DVD de Celtic Roots recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s C. Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.

Otros músicos de renome que colaboraron no disco foron: Angela Durkin (UK), Antón Seoane (GZ), Ed boyd (UK), Emma Sweeney (UK), Graham Henderson (IR), Guillermo Fernández “Guille” (GZ), James Mahon (IR), Javier Feijóo “Chisco” (GZ), Luis E. Correa “O Caruncho” (GZ), Magoia Bodega (GZ), Pancho Álvarez (GZ), Rodrigo Romaní (GZ), Xaquín Xesteira (GZ).

13/12/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión