'Por este rio acima', de Mª Xosé Lamas

Redacción.-

O vindeiro xoves, 30 de decembro, ás 20.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Con Fausto, por este rio acima, poemario da vilalbesa María Xosé Lamas, que edita o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), esta vez coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e que fai o nº 15 da súa Biblioteca Chairega. O volume conta cun postfacio de Mario Paz González. No acto intervirán, ademais da autora da obra, o xornalista Moncho Paz, o sociólogo Bernardo García Cendán e o presidente do IESCHA, Manuel Castro Santamariña.

27 de dec. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión