Libro sobre Lidia Senra Rodríguez

Redacción

O vindeiro sábado, 18 de decembro, terá lugar a presentación do libro “Lidia Senra. Historia dun liderado entrañable”, escrito por Tareixa Ledo Regal e publicado por Edicións Laiovento. O acto de presentación terá lugar no Auditorio de Galicia (Avda. do Burgo das Nacións s/n, Compostela) este e comezará ás 12:00 horas. Nel intervirán a autora do libro xunto á secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire; Xosé Manuel Beiras, en representación da editorial; e a propia Lidia Senra. Fará de moderadora do acto a responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG, Isabel Vilalba Seivane.

16/12/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión