Sedición

Bruno Marcos.-

Xusto cando o maquivelismo de Zapatero estaba a piques de endereitarlle a figura vai e pasa isto. Co anuncio da venda dos aeroportos os outros andaban co paso cambiado. Se ZP vendía o Estado como pensaban facer eles a plebe non ía ter a necesidade de votarlles para alzarlos ao goberno. E entón van os ultramillonarios dos controladores aéreos e dan un golpe de estado. Os dos outros sindicatos que, con ameazas piqueteiras, non conseguiron mobilizar máis que a os seus ociosos liberados se cadra ficaron con cara de pataca. Os sindicatos profesionais deron a extrema unción aos artríticos sindicatos de clase. Os representantes dos controladores, con traxes de marca, reloxos carísimos e unha cute perfecta, están máis preto da neurastenia que da ruda agresividade reivindicativa. E o caso é que os controladores pasaron até do seu propio sindicato para demostraren a súa forza nas realistas coordenadas da enxeñaría social dos países do capitalismo avanzado. Nun escenario tal a irrupción do exército é pouco menos que grotesca e o delito de sedición unha parvada de avoíño ceboleta.

06/12/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión