Presentación do poemario "con Fausto, por este rio acima", de María Xosé Lamas

Fotos: Paulo Naseiro/AVV


O xoves, 30 de decembro, ás 20.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba, tivo lugar a presentación do libro Con Fausto, por este rio acima, poemario da vilalbesa María Xosé Lamas, que edita o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), esta vez coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e que fai o nº 15 da súa Biblioteca Chairega. O volume conta cun postfacio de Mario Paz González. No acto interviron, ademais da autora da obra, o xornalista Moncho Paz, o sociólogo Bernardo García Cendán e o presidente do IESCHA, Manuel Castro Santamariña.

01/01/2011

0 comentários :

Danos a túa opinión