Acróstico

Fuco Paz Souto.-

Vaia a miña achega, en datas tan especiais, para unha lingua galega que malia a todos os atrancos que está a sufrir, non esmorece porque mora nos corazóns e na lingua das xentes de ben.


Lingua ancestral, viaxeira
Inacabábel
Noiva do ar
Galega coma nós
Ur dos nosos alicerces
Argallas sentimentos

Rabuñas nobres corazóns do si...
Ou do non...
Marea que medra
Aló, aquí, acolá...
Naos de papel
Cabaleiros de metal
Éche a nosa...sen igual!

18/05/2011

0 comentários :

Danos a túa opinión