A AELG edita 'Vivir un soño repetido'

Redacción.-

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) publicou a obra 'Vivir un soño repetido', un libro electrónico homenaxe da entidade ao poeta monfortino Lois Pereiro, autor a quen se dedica este ano as Letras Galegas 2011.

O libro está composto de colaboración inéditas e orixinais elaboradas polos autores que se integran na entidade.

Así, pódense atopar poemas inéditos inspirados na Figura de Lois Pereiro e obra gráfica sobre as súas creacións, tanto ilustracións ou fotografías. Este novo libro estará dispoñible en descarga gratuíta a través da sección de publicacións da web da asociación.

 Entre os seus participantes están Arturo Casas, Baldo Ramos, Cesáreo Sánchez, Estíbaliz Espinosa, Helena Villar, Lino Braxe, Lucía Novas, Mario Regueira, Marta Dacosta, Olga Patiño, Ramón Caride, Salvador García-Bodaño ou Siro López.


Da conxunción de todas as achegas nace este libro electrónico en formato epub de descarga gratuíta accesíbel no apartado de publicacións da web da AELG.

19/05/2011

0 comentários :

Danos a túa opinión