Agasallo sincronizado para o mundo

Redacción.-

Eva Wojkiewicz fainos chegar a súa proposta que consiste no seguinte. No día das Letras Galegas envía por Internet a túa versión preferida da canción "Ti es dos meus" para que se escoite o galego en todo o mundo. Nesta web: http://agasallo.tk/ podes atopar as distintas versións da mesma partitura que se irán recibindo ata o día 17.

O día 17 de maio escolle a versión que prefiras de entre todas as recibidas e envíaa aos amigos de todo o mundo para que a fagan escoitar nos lugares onde viven.

A proposta non é facer spam (envíos masivos indiscriminados) senón ofrecer un agasallo no Día das letras Galegas a quen o saiba apreciar. Quen reciba o correo e escoite a canción compartirá un xesto repetido milleiros de veces ao longo de milleiros de quilómetros.

Para o que queira facer a súa propia versión, pode coller a partitura de http://pdfcast.org/pdf/ti-es-dos-meus, gravala grávate coa primeira cámara que atopes (calquera vale cando hai cariño) e compartir o vídeo con todos.
Aqui http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo iranse engadindo as aportacións que se reciban.

08/05/2011

0 comentários :

Danos a túa opinión