Debate electoral o sábado 14

Redacción.-

O Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” incluíu na súa programación do ano 2011 a realización dun debate coincidindo coas eleccións municipais do vindeiro 22 de maio.

Con este motivo, o IESCHA, xunto co xornal dixital A VOZ DE VILALBA, organiza un debate que se celebrará o vindeiro día 14 de maio, a partir das 20,00 horas, no salón de actos do Centro Cultural e Recreativo.

O acto será moderado polo xornalista Moncho Paz, e nel participarán os tres cabezas de listaxe dos partidos que presentaron as súas correspondentes candidaturas: Tereixa Burgo García, polo BNG; Gerardo Criado Guizán, polo PP, e Eduardo Vidal Baamonde, polo PSOE.

Desde este medio convídase a todos os cidadáns do concello de Vilalba a asistir ao mencionado acto, para que podan coñecer por boca dos tres candidatos os correspondentes programas electorais, que pretenden constituir outras tantas propostas de solución aos problemas que cómpre resolver para conseguir un futuro mellor para o noso concello.

13/05/2011

0 comentários :

Danos a túa opinión