Estrea de 'Lorca e as flores de Venus'

Redacción.-

Lorca e as flores de Venus, de Marga do Val obtivo o Premio da Critica Española 2011, na modalidade de poesía, concedido pola AECL (Asociacion Española de Criticos Literários) e o Premio AELG 2011. A obra amosa unha vision de Lorca desde a soidade do seu cativerio en poder dos militares, mentres agarda repostas sobre o seu destino. A dúbida, o medo, a esperanza loitan no seu interior e obrígano a se mergullar nas súas lembranzas, na procura de alento e refuxio. Un diálogo sen máscaras, con deus, con personaxes que poboaron súa historia e con el mesmo. Tempo para encontrar a súa identidade. As últimas horas convértense nun encontro íntimo co universo poético, caótico, irónico, pragmático e crítico do home- poeta. Vida, fogo, amor, desexo, morte, envexa, segredos, mentiras e verdades son moitos dos soños e pesadelos revelados pola vida do home, do poeta e do mito. O texto está libremente inspirado nas múltiples investigacións sobre a vida e obra de Federico Garcia Lorca.
A música orixinal da montaxe é de María Graña e a adaptaciòn teatral e a estructuración teatral de Eisenhower Moreno. A produción xeral correu a cargo de Leandro Costa.

A estrea nacional será no Teatro Arte Livre de Vigo o 27 de maio ás 22:30 h e o pase para a prensa o día 26 de maio ás 12 hs, cumprirá tempada de venres á sábados ás 22:30 h e domingos ás 21:3o h.
Prezo: 12 euros en taquilla.

18/05/2011

0 comentários :

Danos a túa opinión