O Museo do Mar no Día das Letras

Redacción.-

O Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, Cervo, celebra a xornada do Día das Letras Galegas cunha serie de actividades arredor da historia da literatura galega, dos creadores e das súas obras. Desde "O tendal das letras", unha exposición sobre os persoeiros homenaxeados nesta data desde 1963 ata 2011, unha conferencia sobre o mesmo tema impartida por Silvia Aladariz. Nesta mesma xornada ofrecerase unha proxección e posterior debate sobre o tema "Memorias de mulleres de aquí e de acolá", para rematar co "Atlas da memoria", actividade sobre os obxectos que se expoñen neste museo. O mércores, 18, celebraremos o Día Internacional dos Museos e o xoves rematamos estes días de celerbación co espectáculo "Cunqueiradas" do recoñecido narrador oral Cándido Pazó.

CONSULTE O PROGRAMA

17 de maio de 2011

0 comentários :

Danos a túa opinión