II Congreso Internacional de Arqueoloxía

Redacción.-

Mañá dará comezo o II Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba, organizado polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, que terá lugar entre os días 20 e 23 de xullo. De periodicidade trianual, naceu co obxectivo de servir de vínculo de comunicación entre profesionais e investigadores da arqueoloxía, así como para ofrecer un foro onde se poidan presentar e analizar as achegas que ao coñecemento arqueolóxico elaboren os participantes.

O ámbito xeográfico a cubrir neste Congreso será Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León, País Vasco, Norte de Portugal e áreas limítrofes, abordando temas de Prehistoria e Arqueoloxía estruturados en seis sesións: Arqueometría e metodoloxía; sociedades de cazadores-recolectores; primeiras sociedades campesiñas e megalitismo; idade do Hierro e Protohistoria; Epoca Romana; outras temáticas (arqueoloxía medieval, musealización de xacementos e arqueoloxía profesional ou de xestión).

Como actividade complementaria, para a tarde do xoves 20 de xullo está preparada unha excursión pola Serra do Xistral, visitando xacementos epipaleolíticos, turberas e bosques caducifolios, e unha excursión a Lugo, para o día 23, visitando o Museo Provincial, a Casa dos Mosaicos, a muralla romana ou as termas romanas.

19/07/2011

0 comentários :

Danos a túa opinión