O espazo intermedio

Redacción.-

Onte xoves 30 de xuño inaugurouse no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa O espazo intermedio, un proxecto expositivo que trata de revelar a importancia do espazo entre as cousas, os tempos, a obra e o espectador. Se habitualmente definimos "intermedio" como algo que está entre os extremos de lugar, tempo, calidade, tamaño, etc., tamén definimos intermedio como o espazo de tempo durante o cal queda interrompida unha representación ou un espectáculo, ou como o espazo que hai dun tempo a outro ou dunha acción a outra. En todas estas acepcións, o intermedio adquire unha dimensión espacial e sempre suxire a existencia dunha distancia, sexa esta física ou temporal. Distancia existente entre dous extremos nun principio ben definidos.

Durante a inauguración, celebrada onte, tivo lugar unha conferencia do crítico de arte e comisario Fernando Castro Flórez co título: "Dous ou tres cosas que eu se (Ao final da escapada: protocolos ridículos para a comprensión da arte contemporáneo)".

Esta exposición pretende analizar a noción de Espazo Intermedio exposta polo filósofo francés Jacques Rancière. O Espazo Intermedio entendido como lugar da experiencia, no que se desenvolven os procesos, como lugar no que teñen lugar as construcións, como lugar de cruzamento entre as disciplinas artísticas, como o lugar, en definitiva, onde habita a arte contemporánea.

A exposición, que parte dunha obra de Douglas Gordon que deixa no "espazo intermedio" a un dos dous comisarios, estrutúrase seguindo un percorrido por pezas representativas de artistas como Shirin Neshat, Rogelio López Cuenca, Ghada Amer, Reza Farkhondeh e Rubén Ramos Balsa. Todos eles traballan a noción de espazo intermedio nun ou outro sentido, desde a experiencia propia do paso das horas, desde a condición de emigrante ou autoexiliado, desde a do arquiveiro da imaxe colectiva, desde a de quen admite a intervención do outro no seu universo creativo ou desde a do artista conceptual que pretende desbaratar as nosas percepcións dos aconteceres cotiáns.

Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa
Avda. de Arteixo 171
15007 A Coruña
Comisarios: David Barro y Mónica Maneiro
Artistas: Douglas Gordon / Shirin Neshat / Rubén Ramos Balsa /
Rogelio López Cuenca / Ghada Amer / Reza Farkhondeh
Del 30 de junio al 30 de octubre de 2011

01/07/2011

0 comentários :

Danos a túa opinión