A Gaivota no Teatro Arte Livre


Redacción.-

No escenario Con Roberto Cordovani, Eisenhower Moreno, Bruno Portela, Cristina Collazo, Diana Gonzalez, Javi Toste e Paula Álvarez, dan vida a está delicada e humana comedia. A gaivota, nun único acto, dividido pola pasaxe do tempo, do reloxo que acorda a todo instante a falta de tempo para encontrarse, que deixa caer as máscaras e que revela o verdadeiro ser. Un espectáculo dun traballo de actor moi elaborado, intenso e sustentado na complexidade das emocións exploradas, expostas ou non. Un teatro onde a palabra nin sempre é o vehículo da exposición dos sentimentos, nin todo esta exhibido de forma directa, cara actor ou cara o público. Unha aposta en escena enfocada na verdade das interpretacións para exploraren e faceren real a riqueza do gráfico emocional de cada personaxe. O silencio revela o que está oculto na entreliña. A música de instrumentos clásicos (violín, piano, arpa...), hora suave e perversa, hora intensa e sutil, ademais dos sons de vento, agoa, gaivotas, grilos ambientan e nos trasladan ao espazo tempo da trama, elementos dramáticos que compoñen e reforzan o desenvolvemento da historia.

A ADAPTACIÓN (O TEXTO)
“Adaptar A Gaivota foi un desafío, mais un pracer. A obra que foi presentada polo autor como unha comedia, foi moitas veces montada como un drama, busquei ser fiel a este desexo do autor intensificando o humor crítico deste grande autor.”

A Gaivota é unha reflexión sobre as relacións humanas a liberdade de ser e de crear, a crítica do mito e da fama, o teatro dentro do teatro, o artista e o ser humano. A condición social que obriga a procura dun éxito rápido e a calquera prezo. A intención é conseguir que o público, non soamente se identifique, mais que sexa xurado, culpado, cómplice, xuíz das moitas vertentes da trama. Un ollar crítico que observar, que espía o exterior e interior do universo que cada personaxe. As dúbidas, certezas, mentiras, verdades que intrigan e inquietan. O tempo que non espera a recuperación da debilidades mais que reflicten o interno destorcido, conflictivo e insatisfeito daquelas persoas. Un xogo de ambigüidade premeditada coa intención de que cada un extraia súas propias conclusións. A natureza humana é moi complexa e os sentimentos, poucas veces se pode delimitar con precisión. O limite que divide o amor e o odio, o perdón e rancor, as posibilidades e as imposibilidades. A adaptación respecta as principais características da estruturación teatral de Antón Tchecov e dálle forza e actualidade ao tema central da obra.

A HISTÓRIA
A Gaivota xira en torno aos conflitos emocionais de Konstancia, filla dunha actriz famosa, Arkadina. A moza aspirante a escritora, que busca exhibir a súa personalidade artística, en formato de unha obra teatral, cargada de densidade e figuras insólitas. O repudio ao teatro convencional e realista é determinante para dedicarse ao nacemento dunha nova forma expresión teatral. A linguaxe poética é o recurso escollido para o seu fracaso teatral, rexeitada pola elite da arte ou ciclo social de súa nai (o famoso escritor Trigorin, mozo de Arkadina) e polo desprezo de Nina, a súa fonte de inspiración. O teatro, o idealismo utópico de Konstancia, as futilidades frívolas da arrogante actriz burguesa Arkadina, co seu escrito famoso, o retrato social banal, é o pano de fundo para afrontamento coa complexidade dun universo de incertezas. Nada é o que parece ser. Dúas mulleres, dúas xeracións, unidas polo lazos familiares, a mesma tristeza miúda, por rancores gardados e pola mesma amargura. Separadas polas diverxencias, separadas polo tempo, pola distancias de dous mundo e polas ambicións. Mundos con obxectivos tan distintos, mais que se encontran na imposibilidade de fuxir do inevitábel, a soidade. Un xogo psicolóxico sorpréndete construído en unha harmonía estética natural, incompatíbel coa frustración dos personaxes que poboan esta historia. Os conflitos dos personaxes crían unha ligazón directa co espectador ao mesmo tempo en que presenta unha visión profunda dunha sociedade cada vez mais vulnerábel aos males existenciais, tema tan actual. Son “audíbeis” os sub textos que móvense durante os diálogos, ora indo ao encontro da fala e das opinións que non son ditas, ora indo en dirección contraria, comentando silenciosamente. A Melancólica, tedio e falta de sentido corroe a alma de case todas as personaxes, cuxas ilusións son desfeitas na banalidade en que todo (amor, ideal, busca do pracer ou do triunfo) se converte.

Atención ós horários especiais da tempada de A Gaivota

xoves e venres 21 h

sábados 20:30 e 22:30 h

domingos 20 h

Prezo único 10 euros

TEATRO ARTE LIVRE

RÚA VAZQUEZ VARELA, 19

CORTA TEMPADA
EL Producións Artísticas
www.elproducoes.no.comunidades.net
Fone: 34 648 88 10 02

23/02/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión