Búscase outra dereita

Fermín Bouza.-

A eles gústalles usar a palabra "extremista" ou "radical", e mesmo lla aplican a Rubalcaba, un home de orde, se os hai. De orde no sentido progresista, que non conservador ou reaccionario. Lembro perfectamente a sensación que me causaron as palabras deste señor, novo director de Axencia Efe, nos diversos faladoiros ou debates de televisión desde o principio da súa presenza neles. Dicía as maiores barbaridades sen pestanexar, cunha certa cara de anxote, como quen asasina a un bebé coas súas propias mans e queda riseiro mirando á exangüe criatura. Público recolle agora o seu impresionante argumentario, pero aínda me faltan moitas cousas coas que me fun facendo máis e máis reflexivo sobre o principal problema deste país: a súa dereita.

Vivín aquí e alá rodeado de xentes de dereita durante toda a miña vida, pero na miña contorna eran máis apacibles, máis cultos e máis tolerantes. Que ocorreu? Se teño algunha frustración con esta democracia, e téñoa, non é por outra cousa, sobre todo, que pola clase de dereita que parimos entre todos, tan afastada aos usos e costumes dunha dereita media europea. O deste señor é un síntoma de que iso non era un espellismo: son así, como este señor. Mentres esta dereita non cambie non chegará a normalidade a este reino.

07/03/2012

1 comentários :

Danos a túa opinión