Centenario do Heraldo de Vivero

Redacción.- 

O Heraldo de Vivero, decano da prensa local galega, está a celebrar centenario da súa saída á rúa, un 17 de febreiro de 1912.

Publicado ininterrompidamente desde 1912 a 1937, e logo entre 1963 a 1968 e desde esta data até a actualidade, o xornal viveirense, que se edita unicamente en formato papel, para suscritores e con periodicidade semanal, conta na actualidade con mil cen suscritores en todo o mundo, chegando a Suíza, Inglaterra, México ou Estados Unidos.

O xornal, propiedade da familia Canosa, está dirixido na actualidade por Juan Carlos Neira Brochs.


8 de mar. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión