Cruceiros no Concello de Vilalba

Redacción.- O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba continuando cos actos programados para o presente ano 2012, organizou a presentación do libro “Cruceiros do Concello de Vilalba” do que son autores: Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, que tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba onte venres, día 23 de marzo, ás 20.00 horas e interviron no mesmo: Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, autores do libro; Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA e Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. O libro, editado polo propio IESCHA, dentro do convenio suscrito coa Área de Cultura-Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, consta de máis de seiscentas páxinas e está dividido en varios apartados: un limiar de Xavier Rodríguez Barrio; unha introdución dos propios autores; o capítulo I, coa descrición detallada de cada un dos cruceiros coas súas correspondentes fotografías; o capítulo II, coas seccións tipolóxicas das bases dos cruceiros; o capítulo III, coas tipoloxías dos cruceiros; e o capítilo IV, que recolle unha ampla bibliografía sobre o tema. Os autores xa están traballando no volume II que recollerá os cristos e as cruces do concello de Vilalba, que tamén editará o IESCHA.

24/03/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión