Mellora das estradas luguesas


Redacción.- O Ministerio de Fomento adxudicou, o contrato de execución de diversas operacións de conservación e explotación en varias estradas da provincia de Lugo, concretamente na A-6, a N-VI e a N-VIa. O orzamento é de 7.442.991,51 euros e foi adxudicada á empresa á empresa S.A. Obras e Servizos. Copasa. Os contratos de servizos de asistencia técnica para a execución de operacións de conservación e explotación na Rede de Estrada do Estado xorden cun principal obxectivo: mellorar o servizo que se presta aos usuarios das estradas, incrementando a seguridade viaria. Entre os traballos que figuran no contrato que deberán realizarse atópanse os servizos de comunicacións, servizos de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e semaforización. Ademais, inclúense os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento e información da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria. Así mesmo, realizaranse os traballos de roza, fresados e reposición do firme, limpeza de cunetas, e en xeral, todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo. Os tramos obxecto do contrato son todos os de estradas da Rede de Estradas do Estado comprendidos no Sector LU-5 de conservación da provincia de Lugo. Por tanto, os tramos principais en servizo son: A-6 (407+300 a 455+000) N-VIN (406+750 a 423+485 e 492,075 a 462+000) N-VIa (459+600 a 467+000) Ademais, estarán incluídos todos os tramos residuais utilizados como camiños, vías de servizo e demais viarios de titularidade estatal. Ademais dos tramos anteriores, denominados tramos principais, inclúese aos efectos do uso do servizo de comunicacións e, no seu caso, de servizos de vixilancia específica e de atención de emerxencias, urxencias e actuacións excepcionais, o resto da rede dependente da Unidade, e que se denominan tramos non principais.

18/03/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión