Oito de marzo con M de MULLER

David Otero.-

Son elas (as que con M de mulleres en plenitude e con quen de nosoutros, solidariamente, así o entendan) as que darán os pasos precisos nos seus proxectos de realización e consolidación feminina.Son elas. E así seguen, e teiman, no seu construír, resistindo e sufrindo, un mundo delas e así nel con espazos para todas e para todos. Velaí pois o soño e o desexo, a realidade que conquistar, nesa alegría e resistencia de muller, pois ela , a muller, xa non debese ser entendida como subordinada, ate mesmo como cousa do demo feita trampa e pecado para os homes. Tampouco esa criada, mal pagada e calada, marxinada pois, de ningún compañeiro , de ningunha patronal, xa que é triste nestes tempos ler ( e falo de representantes republicanos “amerusas”, candidatos a presidentes) e dicir que a muller non pode dispor de si. E xa referido ao aborto , segundo eles, vólveas prostitutas e por iso deben ser controladas polos homes en nome de Deus. E mesmo dos que falo queren negarlles ás mulleres , ás súas empregadas, os beneficios do seguro de saúde que cubran o control natal se o usan por unha oposición á contracepción. Vaites, vaites… Miren como andan os dereitos das mulleres e así tamén os seus deberes consecuencia de ideas e forma de entender a vida, que é dicir aqueles que se derivan dignamente do exercício das liberdades en feminino. Vaites, vaites… E estes mesmos conservadores, que por riba lexisladores, aprobaron que antes de nada, advertíndolle, hai que lle ofrecer á muller unha proba de ultrasóns do feto, si así… antes de practicarlle o aborto. Pobriñas pois que perden o sentido coas súas decisión. Vese ben que elas non poden dispor de si libremente. Deben estar titoradas polos masculinos dominantes. Ata un pai ( por selo , aínda que non exerza de tal ) poderá presentar demandas legais contra a “ súa” ( dise del) muller pola morte do feto.Vaites,vaites…, pois como di o poeta “ …por cada muller que se sente atada polos seus fillos, hai un home a quen se lle negou o `pracer da paternidades…”

Pois xa basta de ser esa modélica exemplar, calada, parella amistosa de tanta mentira con tanto demoninante. As cousas deben cambiar e así as mulleres declararán firmemente, e que se saiba, que son elas. Que elas son un mundo (delas) no mundo de todas e de todos. Que son quen a querer vivir e así alborexar liberadas en todas as mañás das súas vidas para facer todas as horas de muller, pois todas e todos deberán saber que os corpos, as vidas, os proxectos, os desexos, os sentementos, son de muller, das mulleres, e así recoñecelos e así convivir ( non cohabitar). Elas deberán establecer propiedade en feminino. A todo seren.

Velaí un 8 m de M de MULLER para todos os días e todos os anos que nos agardan e que así conquistemos plenamente a seren de nosoutras e nosos na casa posible, acolledora e afectiva,de portas ben abertas, a toda frescura, a lunes novos de acolleres doces…de mulleres liberadas en igualdade, pois seguindo ao poeta direi que “ por cada muller que dá un paso cara á súa propia liberación, hai un home que redescobre o camiño á liberdade”.

8 de mar. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión