Premios AELG 2012


Redacción.- Os 417 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2011 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participan na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Os vilalbeses Agustín Fernñandez Paz e Ramón Chao Rego figuran entre os elixidos para competir  pola mellor obra de narrativa e pola mellor traxectoria en xornalismo cultural, respectivamente.


As obras gañadoras daranse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que terá lugar o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela. Así pois, da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda resultaron finalistas:
Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011:
- Anxo Tarrío.
- Bieito Iglesias.
- Iago Martínez.
- Ramón Chao Rego.
- Santiago Jaureguizar.


Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras. Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino e Servizos de Normalización Lingüística dos concellos; e mais o Premio AELG 2012 Escritor Galego Universal, outorgado pola Asemblea ao escritor José Luis Sampedro, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana; a AELG agarda contar coa súa presenza na Cea das Letras.

11/03/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión