Programa Sacre en Galicia

Redacción.- 

Coincidindo co inicio dunha nova tempada do programa SACRE, nas vindeiras semanas a SGO celebrará cursiños de formación en Galicia. Os cursiños son gratituitos e están abertos a todas as persoas interesadas nas aves. "O programa SACRE en Galicia: iniciación ao recoñecemento das aves polo seu canto" (Lugo, 31 de marzo de 2012).

Este curso pretende axudar no recoñecemento das aves polos seus cantos e reclamos, proporcionando consellos, trucos e recomendacións para poder identificar no campo os diferentes grupos de aves sólo mediante o oído.

Lugar e hora: o día 31 de marzo (sábado) de 9:30 a 14:30 no Centro de Conservación e Estudo da Natureza "Casa das Ínsuas". R/ José Pardo y Pardo Montenegro, Rábade (Lugo).

Organizan: SGO e AGCT 
www.custodiadoterritorio.org 
www.casadasinsuas.org

25 de mar. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión