Juan Carlos: desde o ventre da súa nai

Ramón Chao.-

Neste maldito mundo uns nacen con estrela e outros nacen estrelados. Cambie vostede estrela por Coroa e estrelados por rexeitados e sáelles o destino pouco envexable do actual monarca español.

No seu libro "Juan Carlos, el rey de un pueblo" conta Paul Preston, historiador  imparcial e rigoroso, que a comezos de 1938, dona María de las Mercedes (futura nai de Juan Carlos), achegábase  á culminación do seu embarazo. Horas antes do prometedor suceso, don Juan recibe unha invitación para unha cazaría. Como estas matanzas enardecen aos Borbóns, o pai en cernes apresurouse en consultar cun médico; o cal, tras contar cos dedos, aseguroulle que podía ir matar tranquilo, pois a criatura tardaría unha, dúas, tres semanas en nacer.

Dona María atopábase no cinema co seu tío Alfonso XIII cando empezaron as dores do parto. O neno naceu cun mes de adianto. Cando dona María era transportada ao hospital, pediu ao seu marido que regresase a Roma : "O bebé naceu".

Don Juan púxose en marcha de inmediato nun Bentley ao que rompeu un rodamento de tanto apertarlle. Pero chegar chegou, e o seu pai Alfonso XIII, vendo xa a face do seu descendente setemesino, pediulle a unha parturenta asiática que lle prestase o seu bebé para gastar unha broma ao seu fillo. Don Juan adiviñou de contado que non era seu, confesando logo que case prefería o infante oriental.  Ao final tivo que aceptar ao outro, coma nós.

Viñeta: Jacek Wozniak

20/04/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión