IV Certame de pintura rápida

Redacción.- 

O Instituto de Estudos Chairegos convoca o IV Certame de pintura rápida, que terá lugar o vindeiro día 3 de xuño. Poderán participar todos os artistas que o desexen, admitíndose un só soporte por participante.

Os artistas deberán presentarse entre as 9 e as 11 horas do mesmo día, na Praza da Constitución, para o selado e numeración do soporte. As técnicas admitidas serán óleo, acrílico e acuarela, e o tema será o entorno urbano de Vilalba, o Paseo Fluvial ou a Área da Madanela.

 O certame finalizará ás 17:30 horas. A continuación, os traballos serán expostos nos soportais da Praza da Constitución. Establécense tres premios cunha contía de 1.200, 900 e 700 euros respectivamente. As obras premiadas pasarán a ser propiedade do IESCHA. As obras non premiadas poderán quedar expostas para a súa venda até as 20 horas.

27/05/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión