Marta Lemos gana o Johán Carballeira


Redacción.- A xornalista Marta Lemos Jorge foi a nova gañadora do Premio de Xornalismo Johán Carballeira, que outorga anualmente o Concello de Bueu. O xurado da IX edición do galardón decantouse polo traballo titulado "A historia de Ons a través de Johán Carballeira", reportaxe publicada en Faro de Vigo o 2 de outubro de 2011.

O xurado reuniuse onte e de modo unánime inclinouse polo traballo de Marta Lemos Jorge e valorou tanto o xénero escollido como a temática e a súa relación co propio Johán Carballeira. "Valorouse que se trate dunha reportaxe, xénero periodístico no que destacou Johán Carballeira, e no que enalza a situación actual dos colonos da illa de Ons tal e como a recolleu o propio Johán Carballeira na súa obra", reza o fallo dado a coñecer no mediodía de onte. 

O tribunal estaba presidido por Manuel Antón Mosteiro García, en representación da Asociación Amigos de Johán Carballeira, e como vogais acudiron o gañador da anterior edición, o xornalista Moncho Paz -editor de A Voz de Vilalba- e a escritora Elena Gallego Abad.

06/05/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión