XII Ruta Chairega. De Xermade a Sotavento

Redacción.-

O Instituto de Estudios Chairegos, como vén sendo habitual dende a súa fundación, organiza a tradicional Ruta Chairega, que este ano alcanza xa a súa duodécima edición. Celebrarase o domingo, día 17 de xuño, percorrendo, nesta ocasión, terras de Xermade, pola ruta DE XERMADE A SOTAVENTO, cun total de 9,5 km, aproximadamente. Durante o percorrido da ruta, poderemos apreciar as paisaxes dos enclaves da Fraga do Sisto, a Medoña da Zaipa, Pena de Curvos ou As Abelleiras. Ao finalizar a ruta, haberá que repoñer forzas coa comida que se realizará nesta ocasión no restaurante Tino de Momán. A cuota que haberá que pagar será de 20 € por adulto e 5 € por menor acompañado (inclúe a comida e o autobús). O traslado dos participantes nesta ruta farase en autobús dende Vilalba deica o inicio da ruta, en Xermade, saíndo das inmediacións da Pravia (Casa da Cultura) ás 10:00 horas e retornando pola tardiña. Os/as interesados/as poden apuntarse contactando con algunha das persoas integrantes da Xunta Directiva do IESCHA, a poder ser, antes do xoves, día 14 de xuño.

12/06/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión