Cidade imaxinaria no Gaiás
Redacción.-
Un sinfín de actividades e espectáculos relacionados co mundo do circo terán lugar no Gaiás, o 25 de agosto dende as 11:30 ata as 21:30.
Divertidos espectáculos formados por unha chea de artistas que nos achegan o mundo do circo de comezos de século para os máis cativos e tamén para os mais maiores.
O evento completase coa celebración de talleres creativos e obradoiros para maiores e nenos, unha ludoteca para bebés e moitas actividades mais, cheas de creatividade e imaxinación.

0 comentários :
Danos a túa opinión