Comeza Pardiñas

Redacción.-

Hoxe comeza o Festival de Pardiñas, que se celebra este fin de semana, enchendo o lugar do Concello de Guitiriz, de música e artesanía. O traballo da asociación cultural Xermolos e a previsión de 30.000 visitantes farán posible a cita musical un ano máis, e van trinta e tres..

Na Feira da Música e da Arte haberá mostra de artesáns de instrumentos musicais, ademais da de artesanía, que se complementará con exposicións de pintura, escultura, fotografía e cerámica. Todo isto, mesturado con talleres de regueifas, xoguetes sonoros e grafitis.

O apartado de concertos comezará o 4 de agosto, coa presenza dos grupos Bloquinho de Xermolos (Galicia), Milesios (Galicia), Kepa Junkera (Euskadi), Coetus & Eliseu Parra (Cataluña), Quempallou e Cuchufellos (Galicia).

O domingo 5 de agosto tamén haberá actuacións musicais, que correrán a cargo dos grupos Tamborada Chotokoeu, Zurrumalla (Galicia) e Beltaine (Polonia).

Nace Pardiñas Rock

Unha novidade que se introduce este ano é o concerto deste venres, 3 de agosto. A primeira edición do Pardiñas Rock, que será de pago, e que custará 10 euros.

Barricada e La Leñera (grupo tributo a Leño) encabezan o cartel do Festival Pardiñas Rock, un festival organizado pola promotora galega CASTREXO PRODUCIÓNS.

Os/as asistentes poderán gozar de oito bandas, ao longo das case 11 horas de rock, polo prezo de 10 euros anticipado e 12 euros en despacho de billetes. Haberá zona de acampada gratuíta, que será a mesma que a do Festival de Pardiñas, comida e bebida a prezos populares.

3 de ago. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión