Exposición 22 Premio Máximo Ramos 2012



Redacción.-

O pasado venres 27 de xullo ás 20:30 inaugurouse a exposición do 22 Premio Máximo Ramos 2012, no Centro Torrente Ballester de Ferrol, na que se presentaron, xunto á obra gañadora, Conversation piece, do artista Pedro Calapez, e as cinco mencións (Liena Bondare, Charles François Duplain, Manuel Eirís, Joscelyn Gardner, Álvaro Negro), os artistas seleccionados.

Así mesmo, tamén inaugurouse a exposición Biblioteca intervida, xestionada pola asociación cultural "Falar en Arte".

Utilizando como soporte unha publicación existente, Biblioteca intervida propón, para a primeira fase de creación, a 40 artistas convidados a intervención completamente libre sobre un medio impreso, coa condición de que a publicación elixida conteña información destinada a todos os públicos. Deste xeito créase unha Biblioteca de exemplares únicos que irá crecendo co paso do tempo.

Olla os libros online na web de Ingráfica: http://ingrafica.org/

As exposicións poderán visitarse do 27 de xullo ao 6 de outubro de 2012.

Horario de salas:
Martes a Sábado > de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h.
Domingo > de 10:00h a 14:00h.

Centro Torrente Ballester
Rúa Concepción Arenal, s/n
15402 Ferrol
A Coruña
España

1 de ago. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión