Galibudo 2012


Redacción.-

Vén de presentarse no salon de actos da casa da cultura do Concello de Villalba (Lugo) a XI ediccion da Convencion Internacional de Artes Marciais GALIBUDO-2012. Acto que foi realizado polo edil Jesús Bermudez en representacion do Concello de Villalba e polo mestre de artes marciais Antonio Montes, organizador deste importante evento. Na presentacion lembrouse que GALIBUDO é un evento consolidado no calendario das Artes Marciais e que ten unha gran aceptacion fóra de Galicia desplazándose practicantes e mestres de Cataluña, Madrid, Valencia, Andalucia, Castela e Leon, Portugal, Xapón, Mexico, Estados Unidos, etc.

A cita arrincará o dia 31 coa recepción dos asistentes ofrecéndolles unha cea de benvida, pero anteriormente desenvolvésense dúas reunións importantes una a dos membros do Circulo Internacional de Amigos das Artes Marciais (C.I.A.A.M.) e outra a asemblea de WORLD MOO DUK KWAN. O sabado 1 haberá diversas clases con mestres de primeira liña internacional como son o mestres Ricardo Mercado Sierra e Angel Humanes. No serán está previsto o desenvolvemento dunha clase multidisciplinar impartida por outros importantes mestres asistentes ao evento. O domingo celebrásese un adestramento ao aire libre na Praia das Catedrais, de Ribadeo.

Nos diversos actos cómpre destacar a especial colaboracion do concello de Villalba asi como da Diputacion de Lugo. GALIBUDO, ao mesmo tempo, está enmarcado nun acto cun especial FIN SOCIAL, como é recadar alimentos non perecedoiros que destinaranse ao comedor de San Froilan, dirixido por CARITAS DIOCESANAS DE LUGO. Os organizadores agradecerían a colaboración, tanto de asistentes como de veciños, coa aportacion de 1 Kgr. de alimentos non perecedoiros os cales poderán levar directamente o dia 1 ao pabellon municipal dos deportes de Villalba ou ben depositalos nas instalacións do ximansio Sport Center de Villalba.

26/08/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión