Mostra "Antón Tenreiro Brochón"

Redacción.- Percorrido pola obra pictórica do coruñés Antonio Tenreiro Brochón (A Coruña, 1923-2006), autor que formou parte da mesma xeneración de artistas herculinos como Labra, Molezún, Lago Rivera ou Mampaso, e que se caracterizou por unha visión poética e intimista do seu entorno. Pedro Vasco comisaria unha mostra que inclúe máis de 200 obras entre óleos, debuxos e acuarelas, e fai un percorrido polas distintas etapas da obra pictórica do artista. Organiza a Consellería de Cultura e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

14 de ago. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión