Conferencia de Manuel López Foxo
Redacción.-
O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS organiza o VIII DÍA DA CULTURA CHAIREGA, que se instituiu na memoria de Manuel María, o autor do poemario "Terra Chá", auténtico creador literario desta comarca e do que se cumplen agora oito anos do seu pasamento.
Nesta ocasión o acto consistirá nunha conferencia que leva por título A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA, e será pronunciada por MANUEL LÓPEZ FOXO, autor do libro do mesmo título.
O acto levarase a cabo este venres, 7 de setembro, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por un directivo do IESCHA.

0 comentários :
Danos a túa opinión