Convocatoria dos Premios da Cultura 2012


Redacción.-

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de facer pública a convocatoria dos Premios da Cultura Galega para o ano 2012, cos que se recoñece o traballo destacado de entidades e persoas nos ámbitos das letras, as artes plásticas, as artes escénicas, as iniciativas a prol do patrimonio cultural, a promoción cultural de Galicia, a música e a creación audiovisual.

As candidaturas poderán ser presentadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio, aínda que os candidatos non poderán postularse a si mesmos. En cada unha das modalidade concederase un único premio, que consistirá nunha escultura conmemorativa realizada polo prestixioso escultor ourensán Xosé Cid, e nun diploma acreditativo.

As bases da convocatoria pódense consultar nesta ligazón.

27/09/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión