Novos concelleiros do BNG en Vilalba



Redacción.- Onte tomaron posesión da súa acta como concelleiros no pleno do Concello de Vilalba, os membros do BNG, Inés Novo Gómez e Fiz Jorquera (na fotografía), que serán os encargados de coller a testemuña e representar aos nacionalistas vilalbeses no Concello, tarefa para a que ambos afirmaron que “ocuparemos os nosos cargos coa responsabilidade de representar aos nacionalistas vilalbeses, traballando na defensa dos seus intereses e polo ben común de Vilalba e de Galiza”. Na súa toma de posesión, os concelleiros do BNG de Vilalba estiveron acompañados polo responsábel comarcal do BNG de Lugo-centro, Mario Outeiro, a vicerresponsábel comarcal, Esther López, e o responsábel de política municipal do BNG de Lugo-centro, Xosé Manuel Becerra.

As dúas persoas elixidas teñen un perfil fondamente vencellado ao nacionalismo e con conviccións ideolóxicas claras, polo que non dubidaron á hora de adquirir o compromiso de representar á cidadanía nacionalista de Vilalba. Deste xeito, o BNG continuará a facer o seu traballo político de oposición nun concello gobernado polo PP, correspondente das políticas nefastas que desde o goberno da Xunta e do Estado se están a levar a cabo.

25 de set. de 2012

1 comentários :

Danos a túa opinión