O triunfo do Kaiser

Fermín Bouza.-

O desfile autonómico en honra do Kaiser Maximiliano I (Electus Romanorum Imperator do  Sacro Imperio Romano-Xermánico) exhíbese no Museo Albertina de Viena , que ofrece a extraordinaria exposición titulada Kaiser Maximilian I und die Kunst der Dürerzeit (O emperador Maximiliano I e a arte do tempo de Durero).

Vina con total devoción por múltiples motivos. Os nomes e bandeiras, banderíns e pendóns que figuran no Triunfo (gran procesión de honras, de Albrecht Altdorfer: Triunfal procesión do Emperador Maximiliano, 1512-15)  son: Selecta e Antiga Granada, Aragón e Antigo Aragón, Barcelona, Biskaia (escrito Biscana), Galicia (escrito Gallitia), Valencia, Castela, León, Toledo e outras como Sardeña (Sardinia) do exterior peninsular.

Ademais do valor artístico singular do "cómic" de Altdorfer (perdéronse moitos metros da enorme tira orixinal de 100), está o valor de testemuña dun tempo así en que os vellos reinos e territorios estaban na pomada política europea. A peza é absolutamente fermosa na súa narración realista e inxenua a un tempo.

Desde aquí, coa mirada do Reino de España, descubriremos a variedade de nacións, territorios e lugares que eran recoñecidos como tales polo Imperio Carolinxio. Interesante, como galego que son, o uso do graal sobre fondo azul ultramar ou azul-añil-escuro, difícil de precisar. Unha copa medieval de forma ancha e abrupta e de cor dourada, que no escudo coroado, tamén de fondo añil, figura como forma única no seu interior. Non figura Cataluña, pero si Barcelona. E figura Biscaia ou Biscana, cousa infrecuente.

25 de set. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión