Rafael Cid, novo director de TVE en Galicia



Redacción.- As direccións dos Servizos Informativos de TVE e RNE nomearon a novos directores de determinados Centros Territoriais da Corporación. Concretamente foron elixidos os novos directores dos Centros Territoriais de TVE en Andalucía, Aragón, Asturias, Castela-A Mancha, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco. 

Rafael Cid, natural de Verín, forma parte do equipo territorial de TVE desde 1990, e desde o ano 2004 compatibiliza o seu traballo de redactor co de profesor asociado de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago. Tamén é membro da Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC).

17 de set. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión