Cabodano de Manuel María

Redacción.-

O vindeiro sábado, 8 de setembro, terá lugar a celebración do cabodano do poeta Manuel María, cos tradicionais actos da Memoria da Chaira Enteira.

Ás 14,30 celebrarase un xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra (A Ponte-Gaioso). Para apuntarse ao xantar (20 € o cuberto) pódese chamar ao teléfono 646413890.

Ás 17, 30 recital de poesía en Penas das Rodas, seguido ás 18,30, da lembranza no Cemiterio de Outeiro de Rei.

Ás 19,00, rito da navalla arredor de do escultor Xosé Val Díaz (Valdi), no Campo de Santa Sabela e concerto de poesía cantada de Manuel María con AQuenlla, Miro Casabella, Tino Baz e Antón Valcarce.

Os actos están organizados pola Irmandade Manuel María e Asociación Cultural Xermolos.

3 de set. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión