Tae Kwon-Do: De Vilalba a Polonia


Redacción.-

A Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan desprázase neste fin de semana a Varsovia onde participase no Open de Polonia. Participarán nesta competición internacional dous deportitas chairegos: un na categoria cadete (Brais Pena Verdes, en 59 Kg.) e outro en Junior (David Ansede Carballeira, en 45 Kg.). A participacion neste campionato internacional, que acolle a mais de 700 deportistas sobre todo de paises do norte de Europa, ten como principal obxectivo ser un test para afrontar a nova tempada e poder tentar que poidan obter praza nas seleccións galegas correspondente.

Galibudo 2012
Por outra banda, vén de clausurarse o GALIBUDO-2012 cunha valoración moi positiva por parte do equipo reponsable. Ben é certo que se viu lixeiramente minguado o numero de participantes, superando amplamente de todos os xeitos o centenar de persoas que viñeron a Villalba desde lugares tan dispares como México, Portugal, USA, Xapon, Andalucía, Cataluña, Madrid, Murcia, etc.

GALIBUDO estaba enmarcado nunha actividade solidaria como era a de recadar alimentos para doar ao comedor de San Froilan rexentado por Caritas Diocesanas de Lugo. A doacion destes alimentos consistía en que os asistentes a GALIBUDO colaborasen con 1 Kgr. de alimento non perecedoiro, pero houbo unha espléndida resposta por parte de moitos villalbeses, asi como por parte de algun colectivo da vila. Podería dicirse que, sen dúbida, este foi o grande éxito do GALIBUDO 2012.

6 de set. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión