VI Exposición "Tal como eramos"


Redacción.-

O Instituto de Estudios Chairegos inaugura a VI Exposición TAL COMO ERAMOS-Fotos para o recordo.

As 230 fotos que se poderán contemplar -procedentes da fototeca do IESCHA, formada coas aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e bisbarra- son de temática variada (Antroido, Deportes, Celebracións, Actos Relixiosos, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á 1ª metade do pasado século XX. Entre as fotos haberá un especial recordo de Bernardo García Cendán.

TAL COMO ERAMOS VI poderá ser contemplada dende o 10 de setembro ata o 13 de outubro de 2012 na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, sendo a súa inauguración o luns, 10 de setembro, ás 20,30 horas. No acto, ao que están invitadas todas as persoas que o desexen, intervirán dous membros da Xunta Directiva do IESCHA.

5 de set. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión