Centenario da voda de Castelao


Redacción.-

O vindeiro 19 de outubro cúmprense 100 anos da celebración da voda de Castelao e Virxinia na Estrada. Con este motivo, e para lembrar a relación da figura máis relevante da nosa literatura e arte co noso Concello, a Asociación Cultural “Vagalumes” vai realizar unha serie de actividades que divulguen a obra, vida e pensamento de Castelao, ao mesmo tempo que poñemos en valor a nosa historia e patrimonio locais.
ROTEIRO AMOROSO CASTELAO NA ESTRADA
Así, o vindeiro sábado 20, ás 16:30 dará comezo no cemiterio de Figueroa, diante da tumba de Virxinia e o seu fillo, un roteiro que nos levará polos espazos estradenses máis asociados coa presenza de Castelao no noso Concello pasando por Ouzande e Guimarei. Durante este roteiro darase conta daqueles lugares que foron marco dalgún acontecemento relevante da vida do escritor e político nacionalista.
PRESENTACIÓN DO COMIC “TITOÁN” SOBRE A VIDA DE CASTELAO
Ás 20:00 h. No sala de exposicións de Caixanova da Estrada terá lugar a presentación do comic sobre a vida de Castelao que dá conta da súa presenza na Estrada para o que contaremos Coa presenza dos autores Inacio e Iván Suarez acompañados do músico Benxa Otero e unha representación dalgún fragmento a cargo de Fantoches Bag.

17 de out. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión