Laxeiro e os renovadores da vangarda


Redacción.-

A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, organiza este ciclo de conferencias que se centrará na contextualización do grupo coñecido como Os Renovadores da vangarda histórica galega.

Un achegamento á obra dos Renovadores desde unha análise transversal, para comprender o legado dos que protagonizaron os inicios da cultura galega do século XX, mediante unha serie de relatorios impartidos por diversos expertos en cuestións concretas da historia e da arte que ampliarán a análise deste movemento a elementos que quizais nunca se trataron no seu conxunto, como son o contexto internacional das vangardas históricas, as influencias da arte medieval que Os Renovadores asumiron como propias ou a faceta antropolóxica do nacemento desta arte anovadora.

Lugar
Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de Compostela, aula 12

Datas
6, 13, 20 e 27 de novembro de 18.00h a 21.00h

Dirección
José Manuel. B. López Vázquez

Relatores
José Manuel B. López Vázquez
Xosé Antón Castro Fernández
José Manuel García Iglesias
Antonio Garrido Moreno
Carlos López Bernárdez
María Luisa Sobrino Manzanares
María Antonia Pérez Rodríguez

Destinatarios
Estudantes de Historia da Arte, Belas Artes, Periodismo, Humanidades
Profesores de Educación Secundaria
Periodistas, galeristas, xestores culturais
Persoas afeccionadas á Historia da Arte

Matrícula
Ordinaria: 50€; estudantes: 20€, parados e xubilados: gratuíta

Prazo
31 de outubro

Información e tramitación
www.laxeiro.es
fundacion@laxeiro.es

Validación académica da USC e da Universidade de Vigo, consultar laxeiro.es

29/10/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión