O estado do voto en Galicia

Fermín Bouza.-

No caso andaluz, as enquisas sobrevaloraron o voto PP e infravaloraron o de EU. Algunhas delas achegáronse moito no caso do PSOE. A consecuencia foi unha atribución de escanos ao PP entre 3 e 5 máis do que realmente ocorreu, e iso situábao, como se dixo, "ao borde da maioría absoluta".

Se en Galicia ocorre o mesmo, o normal é que o PP quede en 37 escanos ou, mesmo, que baixe un ou dous máis. Os datos non permiten, con todo, pechar un cálculo así ou outro de calquera outra maneira: apenas falar do estado complexo do voto e dun escenario moi aberto.

O PP pode gañar, pero tamén o conxunto da oposición pode facelo cos datos do CIS e mesmo con outros que se difunden (Ipsos, Sondaxe). Non sabemos de certo o grao de desafección real co PP en Galicia, nin cos outros partidos, pero parece menor que noutros lugares. Parece, pero logo virá a hora do voto e a xente moverase, e ás veces faio de xeito sorprendente.

A estas alturas calquera resultado é posible, e isto obriga á oposición a pisar o acelerador no catro provincias. De singular importancia Pontevedra e Lugo, onde o PP podería perder un escano (Pontevedra) ou gañar outro (Lugo). Ourense e A Coruña tenden á estabilidade. As políticas vixentes non están a arranxar nada e abriron masivamente a porta da emigración cara a fóra. Pénseno.

14/10/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión