O horroroso


Redacción.-

Á película O imposible delátaa o inconsciente no título. O imposible é en realidade o posible, o peor que nos pode pasar en calquera momento, e o imposible é que, unha vez que este posible aparece, podamos sobrevivir. Como todo ao final acaba ben na película os seus artífices vense libres para amosar toda a crueza dese posible e amosando o que case acaba con esa familia sorprendida polo tsunami móstrannos o que lles aconteceu a moitas outras. Fano quizá con demasiada exactitude pero, tantas veces ocupada a pantalla polo intranscendente, parece xusto que o horroroso encha algo do noso tempo de cando en vez con pleno realismo.

Pero, despois de ver como unha muller é arrastrada pola brutal onda, como é arrincado un dos seus peitos e unha das súas pernas, como todos os obxectos crúzanse na auga cos elementos naturais tamén chouchados, despois de ver como un automóbil destruído pasa flotando á deriva co pranto dun bebé só no seu interior e moitas máis cousas horribles un pensa que todo iso non achega nada, que aos vivos axúdaselles calando esas cousas para que non collan medo á vida, ao posible.

19/10/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión