Chairego de honra

Redacción.-

A Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María escolleron ao crego, músico e escritor Uxío García Amor como a figura na que recaerá este ano o título honorario de Chairego de Honra.

Os actos, a celebrar ao longo de mañá, día 17 de novembro, comezarán ás 12 da mañá cunha mesa redonda na Casa da Cultura vilalbesa, na que intervirán o presidente da Coral Polifónica Vilalbesa, Afonso Baamonde; Xaquín Campo Freire, crego animador da pastoral penitenciaria; Samuel López González, fundador do Orfeón da Sociedade de Obreiros de Mondoñedo e Félix Villares Mouteira, secretario chanceler do bispado de Mondoñedo.

Ao rematar o acto intervirá a Polifónica Vilalbesa.

Ás 2 da tarde celebrarase un xantar de irmandade no Restaurante Nova Ruta de Fabilos (Vilalba). No trascurso do mesmo actuarán o gaiteiro Raúl Galego e os cantores Mini e Mero. Os interesados en asistir ao xantar poden informarense nos teléfonos 646 41 38 90 e 982 51 11 50.

Uxío García Amor (Trabada, 7/11/1928) é crego na diocese de Modoñedo-Ferrol, ordenado o 19 de marzo de 1953. Estudou humanidades no Seminario de Mondoñedo e é licenciado en Filosofía e Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma, e en Ciencias Bíblicas polo Instituto Bíblico de Roma.

Desempeñou, entre outros cargos, o de superior e profesor no Seminario de Mondoñedo (1956-66); mestre de capela na catedral de Mondoñedo (1956-71); secretario xeral do bispado (1966-80); delegado diocesán de Cáritas (1964-70); administrador diocesán do bispado, sede vacante (1985-87); vicario xeral do bispado (1987-93); párroco de As Pontes (1993- ); director do Orfeón de Mondoñedo (1968-82).

É profesor na Escola Diocesá de Teoloxía e no Instituto Universitario de Ciencias Relixiosas. Traballou na acción pastoral como encargado de diversas parroquias rurais, e actualmente coordina o equipo pastoral de Vilalba, ademais de dirixir a Coral Polifónica Vilalbesa.

Ten publicados diversos artigos sobre temas bíblicos, estudios biográficos, e algúns poemas. En 2011 foi nomeado polo Papa Prelado de Honra.

16/11/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión