Unha vez máis os seráns do TAC


Redacción.-

O TAC iniciou a súa andadura en Marzo de 2010 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas facendo música. Quixo reivindicar dende un principio, por un lado a cercanía que a música contemporánea pode ter para calquera tipo de público, e por outro a posibilidade de facer concertos introducindo novos elementos. En Xuño do mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpetar íntegramente a obra de Satie Vexations, 18 horas de piano ininterrumpidas. Nesta ocasión contouse coa colaboración de 27 pianistas. Paralelamente a este tipo de repertorio, abordou no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) un ciclo de seis concertos adicados á música de compositores galegos escritas para diversas formación de ensemble. Xa en 2011 continúa no CGAC cun ciclo de tres concertos que tratará de achegar ao público unha pequeña mostra do repertorio que se fixo fóra das nosas fronteiras dende mediados do século XX até a actualidade. Escolléronse obras de Crumb, Schnittke e Berio. En Xullo de 2011 actuaron no Festival Via Stellae có grupo Siniestro Total nun concerto conxunto donde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña para o TAC. Ao longo de 2011 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo “Os SERÁNS do TAC” que incluían música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.

CONCERTO 4 “COMPOSITORAS ACTUAIS” 25 de Novembro (domingo)
Concerto en colaboración con "Implicadas no Desenvolvemento"
Director: Diego García Rodríguez
Presentador: “Implicadas”
Restaurante: Culler de Pau (O Grove)
Kaija Saariaho (1952): NoaNoa, pour flûte et électronique
Isabel Mundry (1963): D'où venons nous - Que sommes nous - Où allons nous
Gloria Rodríguez Gil (1972): Obra a estrear
Raquel García Tomás (1984): Obra a estrear
Tenor: José Antonio Campo
IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO (www.implicadas.com) é unha ONG galega fundada en 1998 para contribuir a cambiar o mundo dende o enfoque de xénero dende Galicia. O TAC (www.tac.gl ) naceu en 2010 para contribuir a cambiar a escea da música contemporánea tamén dende Galicia. Nesta colaboración o TAC presenta unha panorámica da creación feminina actual no eido da música contemporánea. Esta panorámica presenta obras recentes dunha compositora finlandesa, unha alemá, unha catalana e unha galega. Kaija Saariaho naceu en Finlandia en 1952. Estudou composición en Helsinki, Friburgo e París, onde ha viviu dende 1982. Os seus estudos e investigacións no IRCAM (Institut de Recherche et Coordination Acoustique/Musique) tiveron unha grande influencia ns súa música. Desenvolveu técnicas de composición asistida por ordenador e adquiriu fluidez no traballo con cinta e electrónica en vivo. NoaNoa está escrita para frauta, instrumento moi utilizado pola compositora na súa obra, e son electrónicos elaborados no IRCAM. Isabel Mundry, compositora alemá nacida en 1963 en Schlüchtern, estudou composición e música electrónica en Berlín. Ampliou estudos con Hans Zender e fixo investigacións no IRCAM. Realiza labores pedagóxicas en Berlín, Zurich e Frankfurt. Característico da súa música é o uso que fai de recursos tímbricos instrumentais non convencionais, tal como se poderá escoitar nesta obra instrumentada para clarinete, violín, violoncello e piano. Grloria Rodríguez Gil, compositora viguesa nacida en 1972, estudou composición con Joam Trillo, Albert Sardá e José Luis Delás. Ten estreadas 23 obras, moitas delas gravadas en CD e na radio. Ten recibido o galardón IBLA Grand Prize de New York. Artista polifacética, ademais da composición organiza numerosas actividades de divulgación, concertos pedagóxicos e escribe música para cine. Neste serán o TAC estrea unha obra para tenor e grupo instrumental, escrita pola compositora para esta ocasión. A bercelonesa Raquel García Tomás (1984), formouse na ESMUC (Escola Superior de Música de Catalunya) con Agustín Charles e está a continuar a súa formación nun programa de doutoramento no Royal College of Music de Londres. Xa recibiu encargos de grupos tan importantes como o Plural Ensemble ou BCN 216 e a súa música foi xa interpretada en moitos países europeos. En 2012 estreou a súa primeira ópera LSP 3.1 (La Serva Padrona Riffata) e o seu catálogo inclúe obras con electrónica e jazz. O TAC ofrece a estrea dunha obra desta compositora. Para máis información na web da Cidade da Cultura

22/11/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión