Xosé Lois García en Tedempo de Podente


David Otero.-

Amigas e amigos , lectoras e lectores, quero dicir que na vida non hai un único relato, pero de todos, aquel que vai á roda para dar pasos firmes e devolver o poder ás persoas e aos pobos e que de seu moito atrae évos a verdade e por iso hainos que a todo ánimo e responsabilidades se constrúen a cada hora e constitúense seriamente como buscadores da verdade e non outro relato.Son desa xeración que nin están enriba, nin embaixo, que non eliminan, nin exclúen. Son da xeración que busca. Que vai ao encontro.
Desta maneira, e ao fío do antedito, se queremos e para comezo, pidovos que lle deades ao punto mellor das vosas atencións para a importante audiencia dos vosos corazóns porque, estando nos afectos e sen por iso desfigurar nada, falareivos dun galego militante de nación, e en especial un poeta da verdade.Un poeta da verdade autor dun libro da verdade. Libro que presentamos o xoves pasado no casino de Chantada e agora iremos nesta semana entrante a Lugo, na sala Sargadelos, para volver dalo a coñecer e poñelo en valor. E así co libro falaremos dun poeta cinguido a moitas vidas que o precederon e tamén outras vidas da verdade coas que el, o poeta, constrúe camiños necesarios de insurrección e rebeldías, pois nos seus poemas hai o notar dun espir de contíno na verdade.Verdade que reflicte ora tanto a humildes que sofren, que aloitan cada alborexar polo respiro da vida , ora como a culpables, notables significados fariseos, xente de mal. De todos os xeitos o poeta, a claves vitais nos contextos temporais e nas condicións de buscar sustento deseñadas polos poderosos e defendidas estas polos seus servos rendidos de toda condición, salienta a través dos seus poemas e sobremaneira as xentes de ben do seu universo de/en Tedempo de Podente por Morlán de Chantada. Xentes de ben ( e da súa tribu, da súa casa matria) que trataron e que tratan de se sacudir das dependencias de esmolas envelenadas, das proclamas pervertidas, das humillacións, das traicións e das testemuñas falsas, que así as intentan levar, sen o lograr, aos padeceres límites das rendicións, dos servilismos ou das resignacións.
Neste libro Tedempo do poeta da verdade, Xosé Lois García, diremos tamén neste tempo outonizo e preinvernío, afondando nos nosos corazóns, que nel se afirma e asemade agroma a futuro unha animosa, valente e xenerosa, fronte militante de poesía. Poesía da verdade. Poesía xa que logo da autenticidade.Esa vangarda expresada e feita en libro, man a man, con corazón ideoloxía de dentro, tal soporte primoroso de manifesto de honra, editado pola AC Xermolos de Guitiriz e pola Irmandade Manuel María da Terra Cha. Libro polo que na súa lectura podemos camiñar a vivencias a tres mans orientativas, solidarias as tres, que se unen e que se integran dando corpo de valencia ben medida e atinada.Correspondámoslle pois á benvida que nos deparan.
E así dunha man polas ilustracións elaboradas por Heitor Picallo.Unha docísima sinfonía amorosa e sensible do artista ( a chamo de“ O Carrapucho” do Baño de Cuntis). Sinfonía plena que di e que conta en liñas creativas que se conxugan no conxunto harmónico das imaxes a colores ben tratadas, que poemiza completando de xeito ricaz ao propio poeta , ao Xosé Lois, facendo así máis obra dos seus textos. Máis verdade. Da outra man léase un prólogo cheo de expresiva calidade e de plena intuición, de erudición e saber, o de Alfonso Campos voz e feitos múltiples, obra ghuapa, nas terras de alén Chantada, pasando o Miño, e digo Escairón e digo Sober. Un prólogo onde se reflicte un estudo rigoroso, ben definido e cualitativamente argumentado, da biopoesía de Xosé Lois, poeta que se ancora nos afectos e no amor. Poeta que traballa os seus versos, que os fai e que se fai, sendo, poeta auténtico, poeta da verdade e que a froito de ben se recollen nestes poemas do seu libro Tedempo para lectura e pensamento.E na terceira man, a todo corazón e a militante sentir, falamos do autor no seu libro.E así falamos do poeta que desde o cerne fundamental da vida e desde as esencias das outras vidas, tecendo desde o respiro da militancia na honra, na verdade popular, na veciñanza e cidadanía, sufrindo e conquistando, el nos confesa en clave de poesía fondamente amorosa, da verdade. Faino desde a crónica puntual e rigorosa de seu para nós, sen medias tintas, sen efectos especiais, a pelo, a peito aberto e a boca chea.
Velaí a Xosé Lois, un poeta fillo da utopía, militante na utopía, traballador dela, como desexo e como realidade arelada do posible.Pois a súa poesía vai doutra man. A esquerda. Non é da que obedece a espúreos mala xente. Ë dunha man que non aplaude polas boas e que non escribe aos dictados. Pola contra é unha man que indica e orienta sempre á esquerda, que chama e define, respecta, no corazón de Galicia, no Pobo do galego, o que pelexa, que reivindica, que pensa, reflexiona e o que conforta,
A poesía en Tedempo, no libro de Xosé Lois, escríbese con palabras que din, que indican, que orientan e que acusan. Falamos de poesía de vida. Rebelde.
Poesía Limpa. Que non exclúe. E que non rima co que se dispón de antemán como políticamente correcto. Co que se decreta a dispor arbitrario. Non. Non rima. Pois a súa poesía é un falar vivencial a todo verso, social e popular. Un falar poético dun tempo e do tempo no que a sociedade reprimía e reprime aos cidadáns.Tempos de falsos puritanos. E tempos que tamén agora,coma antes, coma daquela, tanto empobrecen e tanto exclúen.Velaí pois un feixe de vida para pensar na lecturaUn feixe de vida nun lugar e tempos de cerca con argumentos fiables e sen construccións de formas baleiras e sen recursos de bonituras. Poesía real e viva que desde os moitos perdedores e desde os donos de vidas exemplares marca honra. Poesía , biopoesía sostible, que denuncia aquilo que non rima con humanidade, nin se conxuga con xustiza.
En Tedempo destácase ( e na lectura dos poemas) a verdade como confesión que lexitima as existencias. Nótase pois a verdade do poeta que nos fala. Que nos fala desde a palabra popular feita literatura. Literatura no proxecto do seu pobo. E tamén a desarritmo,a paso cambiado, por rebelde, a contracorrente, ao direito - iso si- do seu uso e pensar, que así nel – en Xosé Lois - e alumando, foi onte, no seu nacer, cando comezou mañá. E foi no 22 de abril do 45 do século pasado cando ao fillo de Manuela e Xosé, ao Xosé Lois García de Podente, se lle deu por nacer. E aí comeza o mañá. O seu mañá. Paso a paso de todas as circunstancias, indo no oural dos seus, nese senado de humanidade, nesa ágora de humildade, en emancipador orgullo de pobres. Pobres que miran limpo e que así dicimos Podente e así Tedempo.
Nesa nenez de Xosé Lois, de desexos de pouco brillo, pero de felicidade a soños imposibles e posibles.Nesa nenez vaia a fermosa confesión de rango tan admirable:

“O NENO DA CASA POBRE que tira da palabra, que a conduce,que se apropia dela…E que así profana a ignorancia na casa dos pobres…ao saber ler. ( E así a Turca ladraba nos intervalos que eu lía - aos seis anos…!-
O GAITEIRO DE LUGO aos meus pais polas noites…”

Así afondaban corazón común os García de Podente. E así tamén afondan corazón común en Tedempo. Canto sentir pois derredor do Xosé facendo nación, determinándo casa e familia, proclamándose suxeito de seu a todas as vivencias multiplicadas, a todas as experiencias, a todas as metáforas, contando polos dedos e sen carauta, .limpamente composto
E así falamos da poesía da verdade.Poesía a palabras colocadas a clima e a ritmo vital. Digamos que como éxtase sentido no rigor da verdade.Indo tras da letra ( xa queo neno pobre de Tedempo brincaba no penedo grande da casa. Facendo por libre Indo por libre)
E outra voz de alí , no desacougo que xera a mala conciencia, dicía:

“ Consuelo…Ya vienen los rojosRojos…rojos…Rojos vienen…Por la puerta
Por el tejado…Llega MiajasLa PasionariaEl batallón Lister…A matarme vienen los rojos…Rojos…”

E daquela chegaban os pobres a Podente co seu relato.Viñan os pobres a Tedempo( os irmáns –dicíanlles- os irmáns…) e facía certo aqueloutro poema:

“ …mas quen pena…forc,ado lle é gritar…se a dor é grande…”

E o neno foise polo mundo, a outro mundo, nómada con nación de seu a toda memoria viva e militante da casa. Casa que nunca profanou
E así chegaron a faceren vida Teresa e Hugo. Dúas alfadas, dúas xineas de valor inmedible para Xosé Lois. E así eles tres para sempre. E eles tres volvendo sempre a Tedempo.A Tedempo con Podente de corazón, de sabor ede miolo. Ese almibre que saborexar de contino. Así facendo lugar.Recuperando vida. Construíndo vida. Facendo memoria. Moito que contar a limpo argumento da verdade. Que contar en poesía a mans limpas con derrotas e con logros e sempre elaborando o posible, na presenza de Tedempo de Podente. Nesa súa ( dos tres da casa) nación soberana, determinada.
E xa que logo nación, a do poeta da verdade e digo pois a de Xosé Lois dos García. A de XOSÉ LOIS do 45. O poeta da verdade. O poeta da palabra como sentido de vida, como vida e neste seu libro Tedempo como memoria e como alborexar a facer día de mañá. Así nese inmorrente eco de vida que nace e se configura das palabras en poesía. Do poeta.

12/11/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión