Florian Süssmayr na Vilaseco Hauser

Redacción.-

A galería Vilaseco Hauser d'A Coruña inaugura o vindeiro sábado 15 de decembro, ás 20:00h, exceso.interior, exposición individual do artista Florian Süssmayr (Munich, 1963), que expón por primeira vez en Galicia coa Galería Vilaseco Hauser.

Süssmayr atopa inspiración na escena política alemá dos anos 80. Forma parte do movemento punk FREIZEIT 81 e a banda LORENZ LORENZ. O seu traballo toca temas como a marxinación social e a desobediencia civil. Expuxo a nivel internacional, incluíndo unha exposición individual na Haus der Kunst en Munich.

Pintadas garabateadas en azulexos de baños públicos. Comentarios gravados nas mesas de madeira das cervecerías. Reflexos nas xanelas de barbarías dos anos 80. Os interiores escuros e mugrientos dos pubs bávaros locais. Destartaladas fachadas de arquitectura dos 60. As luces de neón dun quiosco nun paso subterráneo. Posavasos de cervexa. Menús escritos a man nas lousas das cervecerías. Un autorretrato emulando a Wittgenstein. Letras de cancións dos Ramones. "Estou máis interesado nos motivos que non son espectaculares senón que se volven interesantes só cando son pintados" di Florian Süssmayr.

Florian Süssmayr experimenta con diferentes etapas de creación nos seus traballos, cambiando as súas técnicas, materiais e usando diferentes soportes para os seus motivos. Está interesado na transformación: fotografando as pinturas con flash, facendo uso do reflexo mediante capas de óleo finas e brillantes, creando así unha nova pintura e usando esta última como unha obra para unha edición de pósteres en papel, que no outono de 2009 foron colgados nas valas publicitarias de Munich.

Esta campaña de pósteres, levada a cabo en colaboración con Institutions, C.C., unha marca creada por Florian e o deseñador Thomas Mayfried, finalizou indefinidamente, cunha exposición das pinturas orixinais no alicatado e ventoso paso subterráneo do Maximiliams Forum en Munich . Florian Süssmayr tamén realizou colaboracións co director de cinema Romuald Karkamar e o cineasta Klaus Lemke, entre outros.

Seguindo esta liña publicouse o libro "Painting&Photography", en 2009 por Christophe Boutin/one star press, París. O libro mostra fotografías, estudos, posibles temas postos con obras xa existentes, que foron reproducidas fotográficamente. A intencionada tosquedad da reprodución foi en parte acentuada fotocopiándola posteriormente varias veces. As imaxes foron dispostas polo artista a dobre páxina, en branco e negro e impresas en papel non satinado, en complexas postas en escena.

vilaseco hauser
c/Pai Feijoó, nº 5, 1º, 15004 A Coruña
galeria@vilasecohauser.com | www.vilasecohauser.com | +34 981 216 252
Martes a Sábado 11:00 - 14:00 h. | 17:00 - 21:00 h. (Luns previa cita)

13/12/2012

0 comentários :

Danos a túa opinión