A musa ao poeta pobre


Vicente Piñeiro.-

Eu coñecino un día, era un poeta,
escribiu moitos versos, un montón.
Eran os seus tesouros, eran de ouro
e eu me namorei daqueles versos,
e mos agasallou, eran de amor.
Eran rimas, cantares da súa vida.

Da vida do meu poeta, da súa vida,
de aventuras e amores do poeta.
Quíxenos para min, eran de amor.
Eran moitos escritos, un montón,
mil tesouros, imaxes, mil en versos.
Pero el pasaba fame e tiña ouro.

Estaba namorada eu daquel ouro,
daquel pobre poeta, da súa vida,
daquilo que dicían os seus versos,
do que amou na súa vida o poeta,
das dores de cabeza, un montón.
A musa estaba alí, eran de amor.

Non os puido vender, eran de amor,
tampouco agasallalos, eran de ouro.
Palabras ao seu gato, un montón.
Aquilo que el amaba na súa vida.
Primeiro era a familia do poeta,
e cantábao todo nos seus versos.

E eu estaba alí entre os seus versos,
os versos eran eu, e eran de amor.
Alí estaba a musa daquel poeta,
alí estaba a súa mente, era de ouro,
alí estaba a historia da súa vida,
as borracheiras todas, un montón.

Congoxas e ansiedades, un montón.
Nunca viviu o poeta dos seus versos,
eles eran a historia da súa vida,
tesouros da súa vida e do amor.
Un tesouro era eu, eu era de ouro,
e non viviu sen min aquel poeta.

Escribiu un montón aquel poeta,
un tesouro de versos, todo amor,
e ese foi todo o ouro da súa vida.

15/01/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión